Natación

Agardando recuperar a normalidade prepandemia en vistas a unha oferta maior desde o concello para todo o alumnado do centro a actividade complementaria de “natación”. O alumnado podería asistir unha vez á semana.

Xadrez na escola

Inmersos curso a curso no proxecto do concello do que 3 cursos teñen actividade de xadrez. Desde as súas orixes esta actividade estivo moi presente no Colexio Ludy.

Proxectos competenciais coa radio e a televisión.

Desde hai uns 10 anos coa radio e a televisión escolar ofertouse a posibilidade crear e aprender utilizando dous instrumentos fundamentais de difusión (a radio e a tele). A partir de agora encadrados como proxectos competenciais seguirán adiante uns obradoiros que nos identifican.

Inglés

No noso colexio damos unha especial importancia ao ensino das linguas extranxeiras.

No Colexio Ludy, xa desde os anos 70, o ensino do inglés vense facendo a partir do primeiro ano de Ed. Infantil en adiante.