Escola de Familias Municipal

A Concellería de Benestar Social, xunto coas entidades que forman parte do grupo de traballo de infancia, adolescencia e familia , puxo en marcha o segundo trimestre de 2020 unha Escola de Familias, na que se abordou a prevención de condutas aditivas, tanto de substancias habituais, como outras que, ademais, se incrementaron durante a etapa de confinamento (xogos de azar -apostas sobre todo-, consolas ou pornografía). Dita escola tivo un carácter de experiencia piloto e, tanto pola participación como polos contidos abordados, foi un éxito. Así as cousas, o ano pasado ampliouse esta Escola a todo o curso, constituindo a ESCOLA DE FAMILIAS MUNICIPAL, e desenvolveuse, un módulo sobre a importancia da sexualidade da xuventude e un terceiro sobre educación en diversidade.

Á vista dos resultados obtidos, este curso abordarase novamente, a prevención de condutas aditivas, a sexualidade na xuventude e, como módulo novo, o acoso escolar. As sesións serán os mércores, como sempre. O lugar de celebración será o salón de actos da Casa Solidaria (rúa Velázquez) os días 26 de outubro e 2, 9, 16, 23 e 30 de novembro de 2022 en horario de 17:00 a 18:30 horas.

Os interesad@s en participar, poderanse inscribir na asociación Asfedro a través do correo electrónico: prevencionasfedro@gmail.com, antes do día 21 de outubro de 2022, adxuntando: Nome e apelidos, número de fillos/as e idade dos mesmos/as, teléfono de contacto e dirección de correo electrónico, ou ben acceder ao formulario de Google no seguinte enlace https://cutt.ly/8Bwr6u5

PDF Embedder requires a url attribute